martes, 21 de febrero de 2012

Fábulas - Supergrupo

Unha vez lido o último tomo de Fábulas, Supergrupo, e despois do novo taboleiro de xogo que nos deixou o número 100, só se pode dicir unha cousa: Fábulas está moi ben, pero os números de recheo sobran.

Despois dun baixón considerable, posiblemente relacionado coa serie Jack of Fables, o anterior tomo, Rosa Roja, deixara un gran sabor de boca. A serie parecía que volvía polos camiños que fixeron que se convertise nunha das grandes series de Vertigo.

Neste último tomo (números 101 a 107, e esa é outra, manter o nivel dunha serie durante máis de 100 números é unha tarefa complexa, se tivese rematado cando se resolveu a incognita que durante moitos números foi o fío conductor da serie estaríamos a falar dunha obra redonda, pero eso provocaría non poder ler tomos coma Brujas e Rosa Roja...)

A historia do Supergrupo, 5 números dos 7, está moi ben. Referencias á cultura do cómic de superheroes, evolución da historia principal (con ese sorprendente final)... O debuxo de Mark Buckingham segue a ter un gran nivel e pódese dicir que as súas versións dos personaxes dos contos ficaran no imaxinario de tódolos lectores da serie.

Pero... ¿Realmente son necesarios os números de recheo? Son malos, provocan que te enfades bastante cando os les, ata chegar a pensar en pasar de lelos. E, intentando non facer ningún spoiler, o número 101 é do peor, ten toda a pinta de acabar nun conxunto de números de recheo dignos de rivalizar coas peores aventuras de Jack of Fables. Espero trabucarme, pero ten moi mala pinta.

¿Non poderían aprender de Scalped e que os números de recheo aportasen algo? ¿Non sería mellor ler só 8 números dunha serie nun ano que 12 números con multitude de recheos?

Está última pregunta leva consigo a da supervivencia do formato comic-book, pero ese é outro tema que non vai a ser tratado nesta entrada do blog.

viernes, 20 de enero de 2012

Sin City de Frank Miller

Unha das miñas últimas adquisicións antes de deixar as tertulias dos sábados en Banda Deseñada foron os dous tomos da edición integral de Sin City de Frank Miller. 

(Voz en OFF coma se fose Ted Mosby, arquitecto: Realmente non foi das últimas compras, pero esta entrada dalle un tono de seriedade ó post, e así non parece que o estou a escribir sen planificación, a ver que é o que sae...)

Foi ver os dous tomos xuntos e pensar en mergullarme (outra vez) na atmosfera tóxica de Sin City.

E arrepíntome bastante.

O primeiro tomo inclúe as historias El Duro Adiós, Mataría por Ella, La Gran Masacre e Ese Cobarde Bastardo, das cales só tiña sen ler La Gran Masacre.

Na súa primeira lectura, cando me volvín a enganchar a esto de ler comics pareceraneme moi boas historias, entretidas, con ritmo... E agora deste primeiro tomo só ten a categoría de gran historia Ese Cobarde Bastardo. O resto de historias (aínda que tamén podería salvar da queima El Duro Adiós) non deixan de ser un conxunto tópicos do xénero negro: Femme Fatale, policías corruptos, investigadores privados, barrios baixos, tugurios... Dito así pode parecer interesante, pero cando tes lido algo coma Scalped... Esto... non teño nada máis que dicir.

O debuxo de Frank Miller, home, non me gusta moito pero non é o Frank Miller debuxante das súas últimas historias.

O principal problema é que o tomo remata con Ese cobarde bastardo. Esta historia está moi ben levada, engancha durante a súa lectura (mesmo relectura) e déixate con ganas de máis.

E nese momento empezamos o segundo tomo, no cal están as historias Valores Familiares, Alcohol, Chicas y Balas e Ida y Vuelta al Infierno ademáis de El Arte de Sin City.

Menuda desilusión. Debuxo malo, historias malas, que fan parecer obras maestras tódalas historias do primeiro tomo. Posiblemente o mellor sexa o álbum El Arte de Sin City.

(Voz en OFF coma se fose Ted Mosby, arquitecto: Ida y Vuelta al Infierno tampouco a rematei, pero MOITO me tería que sorprender para cambiar a valoración do tomo)


E agora que o penso... ¿Eu non merquei estes dous tomos precisamente por que non tiña as historias do segundo tomo? 

Son cousas... que pasan.

PS: Conto tardar un pouco menos en escribir a seguinte entrada no blog.