sábado, 12 de noviembre de 2011

Scalped - Has de pecar para salvarte

Scalped, serie Vertigo de DC que edita Planeta DeAgostini Comics, é a serie que provocou que o meu prestixio como entendido de comics aumentase varios niveis, tal como dixo Zeke na súa páxina dos venres en Banda Deseñada.

Non creo que exista mellor maneira de despedida das tertulias dos sábados que facer un comentario, sen SPOILERS ou eso espero, do último tomo publicado en España: Has de pecar para salvarte.




Só se me ocurre unha cousa: Jason Aaron e R.M. Guéra volvérono a facer. Pode que Jason Aaron sexa moi criticado polo seu labor en Marvel, que provocou algunha que outra discusión algún sábado: que se Lobezno é un Bluff, que non me toques ó Punisher, menuda merda a miniserie esta que non se merece esta edición en tapa dura. Aquí eu non podo entrar que non lin nada de Jason Aaron, quitando Scalped. E Scalped son palabras maiores.

No transcurso da serie, Jason Aaron  utiliza moitos trucos que obrigan ó lector a pensar, a involucrarse na lectura. Desde números en paralelo, historias que teñen lugar no pasado que explican os acontecementos do presente, o uso da elipse narrativa, saltos na historia que explican unhas páxinas máis adiante ou retomar tramas da historia que xa pensabas que estaban esquecidas, pero que estaban ahí por algo. Por no falar dos cliffhangers ó final de cada número ou cada tomo, do mesmo nivel que Los muertos vivientes, mesmo superiores.

Ademáis que dicir dos personaxes. Eu definiríaos coma personaxes poliédricos porque teñen moitas caras, e todas elas ben definidas: desde a personalidade interior, a que amosan ós coñecidos, a que amosan ós descoñecidos, a que tiñan no pasado e mesmo segundas personalidades ou identidades. (O de poliédricos supoño que o teño lido nalgures, pídolle perdón ó autor por non identificalo, non creo que sexa idea orixinal miña).

E posto que non quero facer ningún spoiler da historia, só vou dicir unha cousa, ou dúas, sobre este tomo.

A primeira parte son dous números con dúas historias independentes, que como ven sendo habitual na serie non entorpecen para nada a historia principal da serie. A continuación ven o mellor, un dos grandes momentos da serie: unha historia en 5 números con ramas paralelas (un pouco retortas) que parece deixar as cartas enriba da mesa. 

Grande, apoteósico. Se xa estás a ler a serie, non sei a que esperas para mercar e ler este tomo, se non eres seguidor, non sei a que estás esperando, corre.

E xa para rematar: As portadas de Jock... Esto... ¿Do mesmo nivel que os comics Marvel de Jason Aaron?

2 comentarios:

  1. Mira que tes cara.
    Acabo de ler o que escribes en Banda deseñada e aqui non leo nada novo.

    ResponderEliminar
  2. Tiña pensado, pero últimamente estou moi lacazán (máis)... Debe de ser cousa do frío, e eso que tiña cousas pensadas. Planetary, que xa a rematei (1 ano despois de mercala) ou revisitar Empire de Mark Waid, que a atopei así como quen non quere a cousa, e teño moi boas lembranzas da súa lectura.

    Algo haberá que facer, non vai ser todo correr.

    ResponderEliminar